Ana səhifə

Lugo, 11 de xaneiro de 2016 Estimado/a director/a, orientador/a


Yüklə 68 Kb.
tarix25.06.2016
ölçüsü68 Kb.
Lugo, 11 de xaneiro de 2016

Estimado/a director/a, orientador/a:


Ao mesmo tempo que a nosa Universidade convoca os xa coñecidos “Encontros na Zona USC” no seu Campus de Santiago, dende o de Lugo tamén queremos ofrecervos unha actividade nesta mesma liña, encamiñada a que o alumnado de ensino medio (de Bacharelato, de Ciclos Formativos Superiores e de 4º da ESO) coñeza o noso Campus, achegándose a el.
Para conseguir este obxectivo, ofértanse unhas xornadas de concentración de centros de secundaria, para que o alumnado que acuda ao Campus o faga nun número suficientemente significativo, e as visitas ás facultades e escolas por parte dos interesados nas diferentes titulacións que ofrecen sexan máis eficientes.
Coa finalidade de obter unha maior participación, gustarianos coñocer a súa dispoñibilidade, en función das súas programacións e preferencias. Así, propoñemos facer máis dunha destas xornadas, repetindo o mesmo esquema en tres datas diferentes separadas no tempo, para facilitarlles dita participación.
Concretamente, tendo en conta os periodos non lectivos e as datas de avaliación do ensino medio no presente curso, propóñense as seguintes datas para estes Encontros:


  • Xoves, 11 de febreiro de 2016

  • Venres, 18 de marzo de 2016

  • Martes, 5 de abril de 2016

Esta convocatoria vai dirixida a todos os centros de Galicia que imparten ensino medio (IES, CPI, CPR, CIFP...), pedíndolles que, de estar interesados en participar e ser posible, indiquen unha orde de preferencia na súa elección de data (de acordo coa ficha que se adxunta). A finalidade desta petición é a de facer as tres xornadas o máis semellantes posible en canto a participación, e poñerémonos en contacto cos centros, rematado o prazo de solicitude, para fixar a data en cada caso.


Coa información que nos envíen, e en función dela, prepararemos unha programación detallada pola nosa parte, que se lle facilitará aos centros inscritos uns días antes das datas indicadas.
Sen outro particular, agradecendo a súa colaboración e interese, reciban un cordial saúdo.

O Coordinador do Programa A Ponte no Campus de Lugo


Asdo./ Fco. Javier López González


Sr. Directores/as e Orientadores/as de Centros de Ensino Medio de Galicia


Verilənlər bazası müəlliflik hüququ ilə müdafiə olunur ©atelim.com 2016
rəhbərliyinə müraciət